{"id":15602,"date":"2016-09-16T11:40:47","date_gmt":"2016-09-16T09:40:47","guid":{"rendered":"http:\/\/webh04.webs5.uvigo.es\/expertos-de-sete-paises-converten-vigo-nun-foro-internacional-sobre-literatura-e-lingua-inglesa-medieval\/"},"modified":"2016-09-16T11:40:47","modified_gmt":"2016-09-16T09:40:47","slug":"expertos-de-sete-paises-converten-vigo-nun-foro-internacional-sobre-literatura-e-lingua-inglesa-medieval","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/expertos-de-sete-paises-converten-vigo-nun-foro-internacional-sobre-literatura-e-lingua-inglesa-medieval\/","title":{"rendered":"Expertos de sete pa\u00edses converten Vigo nun foro internacional sobre literatura e lingua inglesa medieval"},"content":{"rendered":"<p>Case vinte anos despois, a <a href=\"https:\/\/selim28.wordpress.com\/\">International Conference of the Spanish Society for Medieval English Language and Literature (SELIM)<\/a> regresa a Vigo. Esta cita internacional de expertos e expertas en lingua e literatura inglesa medieval cel\u00e9brase dende hoxe e ata o s\u00e1bado na cidade ol\u00edvica, tras facelo por primeira vez en 1998. Este xoves tivo lugar o acto inaugural no Club Financiero de Vigo que da paso a tres d\u00edas de ponencias, posters, mesas redondas e conferencias nas que participan 40 investigadores e investigadoras de universidades de Espa\u00f1a, Escocia, Polonia, Irlanda, Inglaterra, Hungr\u00eda e Italia. A organizaci\u00f3n deste evento corresponde ao <a href=\"http:\/\/lvtc.webs.uvigo.es\/\">grupo de investigaci\u00f3n LVTC<\/a>, do que forma parte o profesor Jorge Luis Bueno, coordinador do comit\u00e9 organizador. El, xunto con Dolores Gonz\u00e1lez, vicerreitora de Estudantes, Juan Camilo Conde, profesor da Universidade de Murcia e presidente de SELIM e Elena Seoane, directora do Departamento de Filolox\u00eda Inglesa, Francesa e Alem\u00e1, foron os encargados de dar a benvida aos asistentes.<br \/>\nO profesor Bueno lembra que este congreso xa se celebrou en Galicia en tres ocasi\u00f3ns, en 1991 na Universidade de Santiago de Compostela, en 1998 en Vigo e en 2005 na Universidade da Coru\u00f1a, e isto demostra que \u201csempre houbo en Vigo e en Galicia un bo n\u00famero de investigadores no eido dos estudos diacr\u00f3nicos, tanto literarios como ling\u00fc\u00edsticos\u201d. Agora ret\u00f3mase esa ligaz\u00f3n, unha idea que xorde a ra\u00edz da pertenza a SELIM de varios docentes do grupo de investigaci\u00f3n LVTC. \u201cSomos membros da asociaci\u00f3n case dende o seu comezo e seguimos asistindo anualmente aos congresos e tendo contacto coa asociaci\u00f3n\u201d, destaca Bueno, que \u00e9 membro da xunta directiva e director da revista internacional de estudos medievais ingleses que edita SELIM. \u201cEra un bo momento para volver a traer o congreso \u00e1 Universidade de Vigo e darlle un foro aos novos m\u00e9todos de investigaci\u00f3n desenvolvidos nesta disciplina nestes \u00faltimos 20 anos\u201d, remarca.<br \/>\nDe feito, o LVTC ten unha longa traxectoria de desenvolvemento de proxectos de investigaci\u00f3n competitivos, como destaca Bueno, e a organizaci\u00f3n de simposios internacionais de relevancia \u201csempre tivo para n\u00f3s moita importancia para colocar a Universidade de Vigo no mapa do noso campo e para facer sempre da nosa Universidade un foro de prestixio no que dar voz aos mellores investigadores e docentes dos estudos ingleses e a celebraci\u00f3n deste 28 congreso de SELIM segue a corroborar esta li\u00f1a de actuaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p><strong>Da literatura antigo-n\u00f3rida a Tolkien<\/strong><\/p>\n<p>Ao longos dos tres d\u00edas de simposio presentaranse ponencias, proxectos e relatorios cunha tem\u00e1tica que Bueno cualifica de \u201cmiscel\u00e1nea\u201d, a\u00ednda que si se estableceron unha serie de temas principais de debate como son a ling\u00fc\u00edstica diacr\u00f3nica, as narrativas medievais en novos formatos, a traduci\u00f3n e representaci\u00f3n da Idade Media, a codicolox\u00eda e a socioling\u00fc\u00edstica hist\u00f3rica. Para completar o programa, ter\u00e1n lugar catro conferencias plenarias a cargo de \u201ccatro figuras relevantes dos estudos medievais na actualidade\u201d como son Richard North, do University College London; Stuart Lee, da University of Oxford; Ans van Kemenade, da Radboud Universiteit Nijmegen e Bel\u00e9n M\u00e9ndez Naya, da Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus relatorios abordar\u00e1n eidos da ling\u00fc\u00edstica hist\u00f3rica, a literatura antigo-n\u00f3rdica e a obra de J.R.R. Tolkien como medievalista e literato. De feito, tras o acto inaugural tivo lugar a primeira das conferencias plenarias a cargo de Ans van Kemenade titulada The interaction of syntax and information structure in the development of V2 in English.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Case vinte anos despois, a International Conference of the Spanish Society for Medieval English Language and Literature (SELIM) regresa a Vigo. Esta cita internacional de &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/expertos-de-sete-paises-converten-vigo-nun-foro-internacional-sobre-literatura-e-lingua-inglesa-medieval\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":15599,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[],"class_list":["post-15602","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15602\/"}],"collection":[{"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/"}],"about":[{"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post\/"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4\/"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments\/?post=15602"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15602\/revisions\/"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15599\/"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/?parent=15602"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories\/?post=15602"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fifa.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags\/?post=15602"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}