The Tree in the Leaf: Life as an Artistic Revelation of Reality

Etiquetas

O 11 de abril de 2024 tivemos o pracer de contar coa conferencia “The Tree in the Leaf: Life as an Artistic Revelation of Reality” a cargo da Dra Leticia Cortina Aracil. Nela abordamos a obra de J. R. R. Tolkien, autor de obras tan recoñecidas como “Beowulf: The Monsters and the Critics” (1936) ou The Lord of the Rings (1954-1955). Nesta ocasión, a poñente fixo unha análise exhaustiva do relato curto “Leaf by Niggle”, afondando na relación entre a obra e o artista, a parte e o todo, dende unha perspectiva filosófica. O evento, aberto tanto ao alumnado dos graos da Facultade de Filoloxía e Tradución como ao resto da comunidade universitaria e persoas interesadas no tema a tratar, estivo financiado de maneira conxunta polo Departamento FIFA e a Sociedad de Tolkien Española, a quen estendemos o agradecemento.