García De la Puerta

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Filoloxía Inglesa

Información de contacto

+34 986 813 716
mpuerta@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Salamanca e Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, a súa Tese Doutoral foi Premio Extraordinario de Doutoramento en febreiro de 2003. Desde febreiro de 2005 ocupa unha praza de Contratada Doutora Indefinida no Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, tras obter a certificación da Avaliación Positiva da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación en xaneiro de 2004. A Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CENAI) concédelle un sexenio de investigación en xullo de 2008. En outubro dese mesmo ano, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia concédelle o Complemento de Recoñecemento ao Labor Investigador e o Complemento de Recoñecemento á Excelencia Curricular Docente e Investigadora (4 tramos). Desde 1991 imparte docencia en Inglés para Fins Específicos na Universidade de Vigo: Inglés para Ciencias da Saúde na Facultade de Fisioterapia, Inglés Comercial, Inglés para a Comunicación Intercultural e Inglés para a Comunicación Internacional na Escola Universitaria de Estudos Empresariais e Inglés Técnico na Escola de Enxeñería Industrial, e combina este labor docente con numerosas actividades de formación en Inglés en varios másteres e seminarios. Ademais do seu labor docente na Universidade de Vigo, a súa actividade investigadora abarca o ámbito do Inglés Profesional e Académico. Foi membro investigador de varios proxectos de investigación financiados por distintas institucións e como resultado da súa investigación neste campo dan conta a publicación dun libro, varios capítulos de libros e distintos artigos publicados en revistas de ámbito nacional e internacional, ademais de diversas conferencias por invitación e contribucións en centros e congresos. Ao longo de máis de 20 anos especializouse en inglés para fins específicos, en particular no estudo de todos os aspectos relacionados coa comunicación intercultural, tanto desde o punto de vista verbal como non verbal, e na análise do seu impacto nas relacións humanas.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.