Rama Martínez

Profesor/a titular de universidade

Área de Filoloxía Inglesa

Información de contacto

+34 986 813 959
erama@uvigo.es
Espazo web

Breve CV

Titular de Universidade desde decembro de 2003. Licenciada en Filoloxía Xermánica en 1990 pola Universidade de Santiago de Compostela; Máster en Discourse Studies for Language Teaching and Learning pola Universidade de Liverpool (Reino Unido) en 1991; Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001. A súa docencia tense centrado principalmente en fonética e fonoloxía inglesas e análise do discurso en inglés a nivel de grao e en análise da conversa aplicada a nivel de posgrado. A investigación versa sobre a organización da interacción dialóxica televisada en inglés, no discurso na corte de xustiza desde o período do inglés moderno tardío, e na prosodia do inglés.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Luns: de 10:00 a 11:00, Despacho B47, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Luns: de 13:00 a 14:00, Despacho B47, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Mércores: de 11:00 a 14:00, Despacho B47, Facultade de Filoloxía e Tradución

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 10:00 a 13:00, Despacho B47, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Mércores: de 11:00 a 13:00, Despacho B47, Facultade de Filoloxía e Tradución