O 24 de abril de 2024 Luke Bishop, da University of Texas-Austin impartiu a conferencia “Too much and never enough: A comparison between new speakers of Galician and heritage speakers of Spanish in Texas”. Na charla se trataron temas como a controversia respecto ao termo “Spanglish” en Estados Unidos e como este podería compararse co termo “castrapo” en Galicia, ou as perspectivas da comunidade neofalante cara ao uso de distintas variedades do galego. O evento, que contou co financiamento do Departamento FIFA, foi organizado polo grupo da materia de sociolingüística do Grao en Linguas Estranxeiras, aberto ao resto da comunidade universitaria.
On Spanglish and Castrapo
