Cultural Studies Unleashed

Cultural Studies Seminar

O 4 de abril 2024, celebrouse na FFT o seminario Cultural Studies Unleashed: Analysing Popular Culture Manifestations in English, organizado polas profesoras do Departamento FIFA Inmaculada Pérez Casal, Adriana Taboada González e Celia Veiga Pérez. O evento, dirixido a alumnado de grao, mestrado e doutoramento e a aquelas persoas que están comezando a súa carreira académica, contou con participantess das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Extremadura e País Vasco.

As presentacións trataron de temas tan diversos como a serie Game of Thrones, a relectura de Shakespeare a través dos memes, feminismo e post-feminismo en Fleabag ou a análise de videoxogos. Ademais, o seminario contou con dúas conferenciantes: Andrea Ruthven (Universitat de les Illes Balears) e Iria Seijas Pérez (Universidade de Vigo). A primeira ofreceu unha panorámica dos estudos culturais como disciplina académica, facendo unha demostración práctica a través da análise da curtametraxe Biidaaban (The Down comes) (Amanda Strong, 2018). A segunda abordou a representación das lesbianas e as bruxas na literatura católica irlandesa dirixida ao público xuvenil.