A nosa querida profesora, compañeira e amiga Veljka Ruzicka recibiu o venres 1 de marzo de 2024 unha homenaxe moi emotiva do Departamento con motivo da súa xubilación. A homenaxe, á que tamén asistiron os seus estreitos colaboradores/as de investigación, tivo o seu colofón cando a profesora alemá Helena Cortés fixo un percorrido poético, como un xograr, polo pasado, presente e futuro da nosa querida Veljka. Foi unha festa entrañable que quedará gravada nas nosas retinas. Grazas Veljka por todo o teu traballo durante tantos anos no Departamento e fóra, pero sobre todo polo teu compañeirismo, amizade e vitalidade! Goza coa mesma enerxía de todos os praceres que che aporta a xubilación! Botarémoste de menos.
Homenaxe a Veljka Ruzicka
