Xubilación de Inés Alonso

O FIFA despide a Inés Alonso

O Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá despide con honores a Inés Alonso de Soto. Profesora da área de Filoloxía Francesa durante décadas (dende a época do antigo Colexio Universitario de Vigo), Inés xubílase como docente mais non como amiga. Inés, as/os compañeiras/as do FIFA desexámosche toda a sorte nesta nova etapa! Enlace ao álbum fotográfico na intranet do Departamento (require autenticación na zona privada, só para membros do FIFA: http://fifa.uvigo.es/gl/system/files/intranet/ines_xubilacion.pdf).